Difusión das tecnoloxías libres e da soberanía dixital
Fomento da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos co fin de aumentar a súa vida útil. Isto implica unha redución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais necesarios na fabricación.
Redución da fenda dixital
Actualmente existen en Galicia 5 bancos, que xorden da colaboración de diversas asociacións e da implicación de ONG de carácter social, que son as que nos permiten canalizar o equipamento ás persoas que o precisan. Tamén ofrecemos formación a usuarios e talleres de reparación abertos ao público, coñecidos como Repair Café. Impartimos charlas en diversos institutos, chamando a atención sobre a orixe dos materiais empregados na fabricación, e o que acontece coa súa eliminación. Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia).